Abre o prazo do cobramento voluntario do IBI e do lixo
O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que no 1 de setembro abre o prazo do cobramento para o pagamento voluntario do imposto sobre bens inmobles (IBI) -urbano, rústico e BICES- e de que permanecerá aberto ata 31 de outubro. Así mesmo, o dito prazo tamén é aplicable para o cobramento da taxa do lixo correspondente ao primeiro semestre do presente ano.
No que respecta ao imposto sobre vehículos de tracción mecánica, o cobramento xa está en marcha desde 15 de xullo, co vencemento estipulado no 30 de setembro.
Debido á situación sanitaria derivada da COVID-19 recoméndase máis ca nunca ter feita a domiciliación bancaria. Se non é así, poderase realiza-lo pagamento achegándose ata a Oficina de Recadación situada na planta baixa do consistorio ou chamando ao teléfono de contacto 981843280 e marcando a extensión 2002. O horario establecido é de luns a venres, de 09.00 a 13.00 horas, sen resultar necesario solicitar unha cita previa.
O vencemento do prazo de ingreso no período voluntario sen ter ingresada a débeda tributaria motivará a apertura do procedemento recadatorio no período executivo coa recarga de constrinximento.