Detección de contaminación microbiolóxica na auga de baño da praia dos Raposiños
Recoméndase á veciñanza e visitantes absterse do baño, temporalmente, na praia dos Raposiños, por contaminación microbiolóxica na auga. A dita análise realizouse no 31 de agosto e volverá repetirse, polo cal, desde o Concello, agárdase que o exame de mañá reflicta que a situación está solucionada e todo volva á normalidade.
En canto se dispoña de nova información, comunicaráselle á cidadanía.