A praia dos Raposiños volve estar aberta ao baño
A Consellaría da Sanidade acaba de confirmar que a contraanálise practicada sobre a praia dos Raposiños reflectiu uns datos nos cales os niveis volven se-los habituais sen supoñer ningún perigo para a saúde das e dos bañistas que asisten a este areal. Deste xeito, resultou ser un feito puntual producido pola vertedura de augas fecais, cuxa orixe será investigada.
Estas análises efectúanse por parte da Administración autonómica dentro do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño en Galicia. Constitúen así unas probas rutineiras coas cales coñece-la calidade das augas e avalia-la súa evolución no tempo. Concretamente, na Pobra do Caramiñal practícanse mostraxes en 6 areais.
Cómpre lembrar que o cómputo total das análises realizadas na praia dos Raposiños propicia que a súa cualificación sexa “Excelente”. Todos estes datos son públicos e poden ser consultados a través da páxina web da Consellaría da Sanidade, dentro do apartado da Sanidade Ambiental.