Raquel Queizás recala na Pobra co espectáculo Cinema Marabillas. Ver para ler
O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da biblioteca municipal Victoriano García Martí, organiza un espectáculo audiovisual dirixido ás crianzas. Neste sentido, Raquel Queizás chega co espectáculo Cinema Marabillas. Ver para ler no xoves 10, ás 18.00 horas, no Elma.
As persoas asistentes poderán gozar de diferentes adaptacións ó cinema dalgunhas das personaxes máis coñecidas da literatura infantil e xuvenil, estabelecendo un nexo de unión entre o mundo das letras e o audiovisual.
A actividade conta cunha duración de ó redor de 50 minutos e está especialmente dirixida a cativos e cativas a partir dos 5 anos.
Debido á situación sanitaria xerada pola COVID-19, a proxección realizarase no Elma e será obrigatorio o uso da máscara.