
Actividades para o Nazareno de 2020
A festividade do Nazareno ten lugar na Pobra do Caramiñal do 18 ao 21 de setembro con diversas actividades, nas cales primará a seguridade ao segui-lo protocolo e as medidas implantadas por mor da COVID-19, do mesmo xeito que sucederá para a xornada do domingo 20, día do Nazareno, para o cal se artellou un amplo dispositivo para garanti-la seguridade e saúde públicas.
Ademais, disporanse cadeiras en tódolos eventos, para controla-la cabida e procederase á desinfección dos espazos e mobiliario cando conclúa cada un.
Venres 18: Broken Peach
Sábado 19: Millo Miúdo, ruadas (Arrancadeira, Os Caraveiros e Trécola) e Puzzle
Domingo 20: misas e Setestrelo
Luns 21: alboradas no rural (Arrancadeira, Os Caraveiros e Trécola) e Circanelo
Adíase o ‘showcooking’ do luns 21 a cargo de Kike Piñeiro e Eloy Cancela (A Horta do Obradoiro) para outra ocasión por mor da mala previsión meteorolóxica.