O espectáculo 'Circanelo' trasládase ao Elma por mor do mal tempo
A mala previsión meteorolóxica para mañá, luns 21, festivo local, fixo que dende o Concello da Pobra do Caramiñal tomasen a decisión de traslada-lo espectáculo infantil Circanelo ao Elma.
A dita actividade terá lugar a partir das 18.30 horas e adscríbese ao programa Cultura no Camiño da Xunta.
Igual ca o resto da programación do Nazareno de 2020, desenvolverase seguindo un protocolo de seguridade e as medidas implantadas por mor da COVID-19.