
Sesión extraordinaria e urxente do Pleno da corporación de 13 de outubro de 2020
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal albergou no día de onte, martes 13, a partir das 20.30 horas, a sesión extraordinaria e urxente do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
- APROBACIÓN, SE É O CASO, DA URXENCIA DA SESIÓN. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP)
- PROPOSTA DA ALCALDÍA PARA A DETERMINACIÓN DAS FESTIVIDADES LOCAIS DO ANO 2021. Aprobada con 11 votos a favor (Nós Pobra, PSdeG-PSOE e PP) e 2 abstencións (BNG)
- PROPOSTA DA ALCALDÍA PARA O ESTABLECEMENTO DE DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS, INDEMNIZACIÓNS POR ASISTENCIA A ÓRGANOS COLEXIADOS E ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS DA CORPORACIÓN. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP)
- APROBACIÓN, DE SE-LO CASO, DAS MODIFICACIÓNS DO PROXECTO DO POS+2018 “BEIRARRÚAS DA ESTRADA DO LUGAR DA PONTE AO LUGAR DE BANDASECA” E DO PROXECTO PAS 2015 “MELLORAS NO CAMPO DA ALTA”. Aprobada por unanimidade
- APROBACIÓN, SE É O CASO, DO EXPEDIENTE DE RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS 1/20. Aprobada por unanimidade
- APROBACIÓN, DE SE-LO CASO, DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS CEX 05/20. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 abstencións (PP)