Colofón á vixésimo segunda edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán
Colofón á vixésimo segunda edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán coa asociación cultural Eiradela interpretando Delicias literarias. Cadros escénicos e musicais, escolma de Un cabecilla, Divinas palabras e Luces de bohemia.
Coa intervención especial de Mariló Ríos (solista), Luís Prego (ao acordeón) e Cristóbal Pascual (á zanfona).
Ía ter lugar nos exteriores da Torre de Bermúdez, pero, por mor do mal tempo, trasladouse ao Elma.