Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 26 de novembro de 2020
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal albergou no día de onte, xoves 26, a partir das 20.30 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
- APROBACIÓN ACTA ANTERIOR (30 de xullo de 2020).
- DACIÓN DE CONTA DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO 2019, DO INFORME DE EVALUACIÓN DO CUMPLIMENTO DOS OBXECTIVOS DE ESTABILIDADE PRESUPOSTARIA E DO INFORME ANUAL DE RESOLUCIÓNS DE ALCALDÍA CONTRARIAS A REPAROS DE 2019.
- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA A MEDIDAS PARA LIDERAR UNHA SAÍDA SOCIOECONÓMICA XUSTA PARA O SECTOR DO MAR. Emenda de retirada dos puntos 3, 5 e 6 por non actualidade aprobada por unanimidade. Aprobación da moción emendada cos puntos 1, 2 e 4 con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP)
- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA AO COIDADO DO MEDIO AMBIENTE. Aprobada por unanimidade
- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA AO INICIO DE CURSO. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP)
- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP RELATIVA Á INCLUSIÓN NO INVENTARIO DE CAMIÑOS DUN CAMIÑO ENTRE CRUZ DE PEDRA E A ESTRADA DE LESÓN. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP RELATIVA Á FALTA DE DILIXENCIA POR PARTE DO CONCELLO NAS XESTIÓNS PRECISAS PARA INSTAR O DESBROCE E LIMPEZA DAS FINCAS. Aprobada con 5 votos a favor (PP) e 8 abstencións (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP RELATIVA Á APROBACIÓN DUN PLAN DE AXUDA Ó COMERCIO POR MENOR NO NOSO CONCELLO. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP RELATIVA A INSTAR Ó GOBERNO DE ESPAÑA A APROBAR DE FORMA URXENTE UNHA LEI QUE GARANTE O DEREITO CONSTITUCIONAL Á PROPIEDADE PRIVADA E COMBATA EFICAZMENTE A OCUPACIÓN ILEGAL DE VIVENDAS. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP RELATIVA Ó DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. Aprobada a inclusión da emenda de Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP). Aprobada a moción emendada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP)