Entrega do agasallo do Nadal a tódalas persoas que exercen como voluntarias
O alcalde, Xosé Lois Piñeiro; a titular da primeira tenencia da alcaldía, Amparo Cerecedo; e o concelleiro do Voluntariado, José Andrés Lojo; fixéronlles entrega nesta tarde dunha cesta do Nadal como agasallo por estas datas a tódalas persoas que exercen como voluntarias.
Dende o Concello quérese agradece-lo loábel traballo que desenvolven, especialmente neste ano marcado pola situación que estamos a vivir.