A música e a solidariedade convértese en protagonistas no 27 de decembro
A Pobra do Caramiñal será escenario dunha cita musical e solidaria no 27 de decembro cos concertos organizados pola Banda Ateneo Musical da Pobra en colaboración co Concello, a través da Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE). O evento transcorrerá no Elma e as prazas son limitadas, polo cal as persoas interesadas en asistir deberán formaliza-la súa reserva a través do teléfono de contacto 678895933.
A primeira función será ás 18.00 horas e a segunda terá lugar ás 20.30 horas. A vertente solidaria vén marcada pola recollida de alimentos, pois cada persoa que asista deberá entregar un quilogramo de alimentos.
Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.