QUICO CADAVAL “FANTASMAS FAMILIARES”
Domingo 8 de abril, ás 20.00 h no teatro Elma
Entrada de balde ata enche-la cabida
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal
Un espectáculo de narración oral que se leva transformando nos últimos quince anos acomodándose ás circunstancias ambientais, inclemencias do clima, ás experiencias persoais do artista e ós terrores máis íntimos do público. O espectáculo créase a partir de historias da tradición oral que se deformaron pouco a pouco, na xira mundial inacabada na cal Quico Cadaval lles traslada ós públicos dos catro continentes as historias da súa terra natal para comprobar se son universais.
Polos FANTASMAS FAMILIARES transitan espectros, valentes, milagreiros, peixeiras, mariñeiros, mitos do rock, líderes relixiosos, taberneiras, reis, golpistas, presos, adiviños, sicarios, prostitutas, axentes da orde, industriais, cantores melódicos, gandeiros, mais non é seguro que nos aparezan todos.