
A Pobra do Caramiñal pasa ao nivel medio-alto de restricións
O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da COVID-19 en Galicia acorda, na súa reunión de hoxe pola tarde, que os concellos de Redondela, Barro, Xinzo de Limia, Carral, Xove, Muros, Outes, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal pasan ao nivel medio-alto de restricións.
As medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia deste martes e entrarán en vigor ás 00.00 horas do mércores.