Actualización da gráfica coa evolución da pandemia na Pobra para este 28 de febreiro
Nova actualización da gráfica que reflicte a evolución da pandemia no noso municipio, cos datos incluídos deste 28 de febreiro de 2021, a través de dous parámetros.
En cor verde, represéntase o número de casos nos últimos 14 días; mentres que a liña vermella curva traza a media dos casos dos últimos dez días: o que se chama a media móbil. Cómpre lembrar que ten a utilidade de indicar mellor a tendencia que segue a pandemia, pois é menos sensible ás variacións bruscas que se poden dar dun día para outro pero que non se manteñen no tempo. Por este motivo, a súa forma é máis suave ca a do parámetro anteriormente mencionado, non crece de maneira tan acusada cando hai subidas bruscas, pero, en consecuencia, tamén se dobrega con máis dificultade.
Reparamos en como ámbolos indicadores descenden.
Finalmente, a liña vermella máis grosa, a horizontal, sinala o límite dos 250 casos por cada 100 000 habitantes. Días atrás, a verde volveuse cruzar coa grosa, situándose por debaixo desta, e esta situación tamén se deu con ámbalas liñas vermellas, pois volvéronse cortar, mais coa media móbil cara a abaixo. Resulta preciso reiterar que cómpre non baixa-la garda.