Comeza unha cribaxe na hostalaría local pobrense
A Consellaría da Sanidade comeza no día de hoxe, domingo 3, unha cribaxe na hostalaría local da Pobra. As probas realízanse no Hospital da Barbanza e afectan 43 establecementos hostaleiros (restaurantes, cafetarías, bares, bares-tenda da zona rural, aloxamentos etcétera), é dicir, 111 persoas traballadoras neles.
O Concello da Pobra do Caramiñal expresa o seu agradecemento pola colaboración amosada por parte deste sector, un dos que máis se está vendo afectado pola pandemia por causa da COVID-19.