
Novas medidas a partir das 00.00 horas deste 27 de xaneiro
En vigor dende as 00.00 horas deste 27 de xaneiro as novas medidas anunciadas pola Xunta ante a evolución da situación epidemiolóxica.
Toda a comunidade pasa para o nivel de restrición máximo.
Limitacións á entrada e saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da comunidade autónoma, agás certas excepcións.
Limitación da permanencia de grupos de persoas, que terán que estar conformados unicamente por conviventes, en espazos de uso público e de uso privado, agás en determinados supostos excepcionais e xustificados.
Os establecementos de hostalaría e restauración (bares, cafetarías, restaurantes) permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio.
Os establecementos e locais comerciais retallistas abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais pecharán ás 18.00 horas. Exceptúanse do disposto no punto anterior determinadas actividades comerciais (alimentación, produtos farmacéuticos, artigos médicos e ortopédicos…), que poderán pechar ás 21.30 horas.
A práctica da actividade física e deportiva non federada só poderá realizarse ao aire libre coa utilización de máscara.
Limitación da mobilidade nocturna no período comprendido entre as 22.00 e as 06.00 horas.
Ligazón ao Diario Oficial de Galicia (DOG) onde se especifican a totalidade das medidas: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/excepcional/2021/20210126/2549/Secciones1_gl.html