Actualización da gráfica coa evolución da pandemia na Pobra para este 9 de febreiro
Na presente gráfica reflíctese a evolución da pandemia no noso municipio, cos datos incluídos deste 9 de febreiro de 2021, a través de dous parámetros.
En cor verde, represéntase o número de casos nos últimos 14 días; mentres que a liña vermella curva traza a media dos casos dos últimos dez días: o que se chama a media móbil. Cómpre lembrar que ten a utilidade de indicar mellor a tendencia que segue a pandemia, pois é menos sensible ás variacións bruscas que se poden dar dun día para outro pero que non se manteñen no tempo. Por este motivo, a súa forma é máis suave ca a do parámetro anteriormente mencionado, non crece de maneira tan acusada cando hai subidas bruscas, pero, en consecuencia, tamén se dobrega con máis dificultade.
Neste momento reparamos en como ámbolos indicadores descenden, pero cómpre non baixa-la garda.
Finalmente, a liña vermella máis grosa, a horizontal, sinala o límite dos 250 casos por cada 100 000 habitantes. Cando se cruzou coa verde entramos nunha fase en que era posible que pasásemos ó risco máximo, algo que se volve definitivo no momento en que se cruzan as dúas liñas vermellas. A pesar de que a verde se volveu cruzar coa grosa, situándose por debaixo desta, é preciso conseguir que ámbalas liñas vermellas se volvan cortar, mais coa media móbil cara a abaixo.