
Actividade polo Día Internacional da Muller 2021
A Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal configura polo Día Internacional da Muller, no 8 de marzo, unha programación na cal figura unha manifestación virtual. Dende a referida Área da Igualdade convídase a veciñanza a tomar parte mediante a colocación na fiestra ou no balcón dunha pancarta ou mandil, publica-las fotos nas redes sociais e etiqueta-la Concellería Igualdade A Pobra e cinco amizades coa finalidade de que a mensaxe se difunda.
Proximamente darase conta das demais actividades.