
Gráfica coa evolución da pandemia na Pobra para este 7 de marzo
Deixámoslles unha nova actualización da gráfica que reflicte a evolución da pandemia no noso municipio, cos datos incluídos deste 7 de marzo de 2021.
Lembramos que o parámetro de cor verde representa o número de casos nos últimos 14 días; mentres que a liña vermella curva traza a media dos casos dos últimos dez días: o que se chama a media móbil. Ten a utilidade de indicar mellor a tendencia que segue a pandemia, pois é menos sensible ás variacións bruscas que se poden dar dun día para outro pero que non se manteñen no tempo. Por este motivo, a súa forma é máis suave ca a do parámetro anteriormente mencionado, non crece de maneira tan acusada cando hai subidas bruscas, pero, en consecuencia, tamén se dobrega con máis dificultade.
Observamos que ámbolos indicadores foron descendendo.
Finalmente, a liña vermella máis grosa, a horizontal, sinala o límite dos 250 casos por cada 100 000 habitantes. Tanto a verde coma a vermella curva sitúanse por debaixo desta, pero cómpre non baixa-la garda.