Día Internacional da Muller 2021
8 de marzo. Día Internacional da Muller.
Caravana feminista. O circuíto en coche iniciarase ás 20.00 horas no paseo dos Areos para continuar pola rúa da Ponte, rúa Gasset, rúa da Paz, rúa Díaz de Rábago e rúa Anxo Rey Ballesteros. Concluirá no aparcadoiro do recheo, onde se levará a cabo a lectura do manifesto. As persoas asistentes deberán permanecer no interior dos seus vehículos co obxectivo de respecta-las medidas establecidas por mor da COVID-19.
Manifestación virtual. Colocación na fiestra ou no balcón dunha pancarta ou mandil, publicación das fotos nas redes sociais e etiqueta-la Concellería Igualdade A Pobra e cinco amizades coa finalidade de que a mensaxe sexa difundida.
Así mesmo, gran parte das actividades configuráronse para os centros de ensino: dende infantil ata a secundaria. O lema escolleito para este ano foi “A igualdade comeza pola educación” para incidir na importancia de ensina-la igualdade dende idades temperás.