
Oswaldo Digón achega o seu monólogo ao público pobrense
Proseguindo co programa de monólogos configurado para este mes de marzo, Oswaldo Digón subirá ás táboas do Elma no domingo 21, ás 19.00 horas, para presenta-lo seu novo espectáculo móbil, non só polo seu percorrido, senón tamén polo seu contido cambiante e en constante crecemento, co seu selo único e orixinal.
Trátase dunha actividade de balde organizada pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas interesadas en asistir deben formaliza-la súa reserva na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981831545.