
O Concello pobrense alerta de chamadas de falso persoal municipal que oferta produtos de asistencia
O Concello da Pobra do Caramiñal tivo coñecemento de que veciñanza maior do municipio está recibindo chamadas por parte de falso persoal da Administración local para lle ofertar un produto de asistencia por valor de 150 euros.
O Concello desmente tal vinculación e deu traslado á Policía local e á Garda Civil. Rógase que a cidadanía que reciba este tipo de chamadas non facilite ningún dato e que o comunique aos corpos policiais e á propia Administración. Cómpre lembrar que os servizos de asistencia destinados a persoas maiores se tramitan sempre dende a área dos Servizos Sociais con traballadoras debidamente identificadas e, en ningún momento, seguindo procedementos tales como o aquí exposto.