Avelino González relatará no Elma aqueles Contos que foron chistes
O colofón ao programa de monólogos configurado para este mes de marzo no Elma chegará da man de Avelino González con Contos que foron chistes no domingo 28, ás 19.00 horas. Neste monólogo cóntanse moitos chistes con que hoxe rimos, pero que son unha adaptación de contos vellos. A función é rir e facer rir.
Organizada pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, a dita actividade de balde transcorrerá seguindo as medidas establecidas por mor da COVID-19. A reserva de entradas débese efectuar na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981831545.