Comezan as xornadas sobre saúde e benestar
Neste 7 de maio terá lugar o primeiro dos relatorios que conforman as xornadas sobre saúde e benestar organizadas pola Concellaría da Sanidade da Pobra do Caramiñal e pola Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia).
O coloquio será Compra Con-Ciencia, descifrando as etiquetas dos alimentos a cargo de Marta Sanmartín Toimil, farmacéutica e nutricionista.
Ao igual que o resto de sesións, transcorrerá a partir das 20.00 horas no Auditorio do Museo Valle-Inclán seguindo as medidas establecidas por mor da COVID-19. As persoas interesadas en asistir poden formaliza-la súa inscrición de balde a través do teléfono de contacto 681173484.