Tarxeta Xente Nova
Dende o 21 de maio, as persoas menores de 21 anos xa poden viaxar gratis no transporte público interurbano da Comunidade Autónoma de Galicia, que depende da Xunta, calquera que sexa a súa orixe e destino, mediante a tarxeta Xente Nova.
Esta permite realizar cada mes ata 60 viaxes interurbanas gratuítas.
Pode ser empregada por todas aquelas persoas cunha idade comprendida ente os 4 e 20 anos. Cómpre indicar que as/os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano. Unha vez cumpridos os 21 anos, poderase seguir utilizando a dita tarxeta ata esgota-lo saldo.
Máis información a través da seguinte ligazón: https://www.bus.gal/gl/xente-nova?fbclid=IwAR3cHgFKS2i1XjGvj-cPa1v-GEQcAOVkyKoIJ6AFLQKOfa2ndEjsjbM5Xqk