
As xornadas sobre saúde e benestar proseguen na Pobra co terceiro dos coloquios
O Auditorio do Museo Valle-Inclán será escenario neste venres 21, ás 20.00 horas, do terceiro dos relatorios que conforman na Pobra as xornadas sobre saúde e benestar.
Nesta ocasión, ofrecerase o coloquio Exercicio físico na diabetes mellitus tipo 2, da man de Manuel Genaro Gutiérrez Fernández, médico de familia da atención primaria.
Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas interesadas en asistir deben anotarse de balde a través do teléfono de contacto 681173484.
O dito ciclo está organizado pola Concellaría da Sanidade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e pola Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia).