Un coloquio centrado na alimentación pon o broche final ás xornadas da saúde e benestar
As xornadas da saúde e benestar que se desenvolveron ao longo deste mes de maio na Pobra concluirán no venres 28 co coloquio E ti que podes comer? Enfermidades emerxentes, outras formas de comer, da man de Marian Rodríguez Blanco, xefa de pediatría do Hospital da Barbanza.
Igual ca o resto de sesións, transcorrerá a partir das 20.00 horas no Auditorio do Museo Valle-Inclán seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19. As persoas que desexen asistir deben formaliza-la súa reserva a través do teléfono de contacto 681173484.
O dito ciclo está organizado pola Concellaría da Sanidade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e pola Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia).