Adíase a presentación do libro Memorias dunha estrela sen luz
Por petición da A. C. Barbantia, as entidades organizadoras da presentación do libro Memorias dunha estrela sen luz, de Andy da Fonte, decidiron adia-la realización deste acto.
Unha vez concretada a nova data, procederase a comunicala.
Esta cita adscríbese á programación impulsada co gallo do Día das Letras Galegas dende a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).