
Posto informativo sobre compostaxe doméstica
Posto informativo nos Xardíns de Valle-Inclán na mañá deste 12 de xuño.
Ofrécese información sobre a compostaxe doméstica, ademais de resolver dúbidas ao respecto.
Esta acción atópase ao abeiro da convocatoria da Orde de 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2020-2021.