Labores de reparación, mantemento e limpeza dos lavadoiros
Entre outros labores, a brigada municipal, adscrita á Concellaría dos Servizos Municipais da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Estefanía Ramos (Nós Pobra), atópase realizando traballos de reparación, mantemento e limpeza dos lavadoiros do concello.
Xa se acometeron estas tarefas no da Banda, Ribeiriña e Camiño Ancho, e continúase nos demais.