
Accións formativas ao abeiro do PEL Emprego Sustentable
A Deputación da Coruña impulsa unha serie de accións formativas ao abeiro do proxecto PEL Emprego Sustentable:
- Atención sociosanitaria (3 edicións, Ortigueira, Narón e Cambre). Aberto o prazo de inscrición ata o 3 de setembro, ás 14.00 horas.
- Atención sociosanitaria (2 edicións, Ordes e Cee). Aberto o prazo de inscrición ata o 13 de agosto, ás 14.00 horas.
- Xestión de chamadas de teleasistencia (1 edición, Arteixo). Aberto o prazo de inscrición ata o 3 de setembro, ás 14.00 horas
- Dinamización Comunitaria (3 edicións Ortigueira, Ordes e Santa Comba). Aberto o prazo de inscrición ata o 3 de setembro, ás 14.00 horas
- Guía por itinerarios de baixa e media montaña (2 edicións, Mazaricos e Teo). Aberto o prazo de inscrición ata o 17 de setembro, ás 14.00 horas.
As solicitudes completadas achegaranse mediante o enderezo electrónico pel.emprego.sustentable@dacoruna.gal.