
Prosegue a quinta edición das Xornadas Micolóxicas
No día de onte transcorreu no Auditorio do Museo Valle-Inclán unha charla introdutoria sobre micoloxía.
A segunda das conferencias titúlase Principais fungos micorrícicos comestibles das plantacións forestais galegas e técnicas de inoculación de planta micorrizada, e será impartida por Esteban Sinde Stompel, doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e vicepresidente da empresa Hifas da Terra. Transcorrerá no venres 19, ás 20.30 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán. Aínda quedan prazas libres e as persoas interesadas poden anotarse a través do enderezo electrónico medioambiente@apobra.gal ou face-lo in situ no propio día do evento.
Estas actividades enmárcanse na programación da quinta edición das Xornadas Micolóxicas, concentrándose o groso das propostas no domingo 21 que conta xa coas prazas cubertas.