Determinadas as fotografías gañadoras do V Concurso Fotográfico de Micoloxía
O xurado do V Concurso Fotográfico de Micoloxía seleccionou as imaxes gañadoras desta edición do certame adscrito ás Xornadas Micolóxicas impulsadas pola Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra).
A primeira distinción recaeu nunha fotografía da autoría de Sergio Pérez Boullón, a segunda foi parar a unha instantánea tomada por Juan José Romero Vilas e a terceira adxudicouse a unha imaxe de Ramón Carlos Encisa Fraga.
Os premios consisten exclusivamente en bonos de compra na plataforma web www.deanshop.es, que suman un total de 600 euros.