Segunda das xornadas das probas de atletismo en pista ao aire libre na Pobra
O estadio municipal da Alta, na Pobra do Caramiñal, será escenario no 19 de decembro da segunda das xornadas das probas de atletismo en pista ao aire libre iniciadas a finais do mes de novembro e que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte e a Agrupación Deportiva Escolar As Rías, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo (FGA), a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal -da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra)- e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.
Esta cita deportiva comprende as categorías benxamín/benxamina, alevín/alevina e infantil. O horario en que está previsto que transcorra é de 10.00 a 13.00 horas. Reúne as probas de salto de lonxitude, lanzamento de peso e salto de altura.
Seguirase o protocolo establecido por mor da COVID-19.