
Sesión extraordinaria do Pleno da corporación de 22 de decembro de 2021
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal albergou na xornada de onte, mércores 22, a partir das 20.30 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
- Aprobación da Conta Xeral do exercicio 2020. Aprobada por unanimidade.
- Dación de conta dos reparos formulados pola Intervención no exercicio 2020 así como da liquidación do mesmo exercicio.
- Proposta da Alcaldía para a prestación de conformidade coa execución do proxecto de novo sistema terciario. Aprobada por unanimidade.