
Prealerta por seca na maior parte de Galicia-Costa
Tal e como xa anunciara a Xunta de Galicia a principios do mes de febreiro, os indicadores meteorolóxicos e hidrolóxicos considerados no Plan de Seca da Demarcación Galicia-Costa rexistraron valores inferiores aos normais nesta época do ano de forma continuada, se ben apuntan que as reservas de auga nos encoros de abastecemento na Demarcación están nunha situación de normalidade.
Dada a situación e as previsións meteorolóxicas, no 7 de febreiro activouse o Estado de Prealerta Hidrolóxica ante a situación de seca na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, na metade sur da provincia da Coruña e toda a provincia de Pontevedra, e constituíuse a Oficina Técnica da Seca (OTS).
Búscase, ademais, a implicación da cidadanía para un control axeitado e un uso correcto da auga na medida das súas posibilidades.