Acto de solidariedade co pobo ucraíno na Pobra
O Concello da Pobra do Caramiñal súmase á iniciativa da Femp na que se convoca para o 9 de marzo, ás 12.00 horas, un acto en solidariedade co pobo ucraíno consistente nunha concentración silenciosa de cinco minutos fronte a casa consistorial, amosando así o apoio a tódalas persoas que están sufrindo as consecuencias do conflito bélico.
O goberno municipal rexeita a actual situación e condena a invasión por parte do exército ruso do territorio ucraíno, solicitando o cesamento inmediato de calquera acción de carácter bélico.