
Día Internacional da Muller 2022
8 de marzo. Día Internacional da Muller.
Ás 20.00 horas dará comezo a marcha feminista que partirá da praza Alcalde Segundo Durán e percorrerá as rúas peonís ata chegar á casa consistorial, onde se procederá coa lectura do manifesto que propón a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
#DíaInternacionaldaMuller