
Iniciado o acondicionamento do núcleo urbano pobrense
A Concellaría dos Servizos Municipais da Pobra do Caramiñal informa de que a Ecobrigada da Asociación Amicos comezou na semana pasada co acondicionamento do centro urbano da localidade para a súa posta a punto cara á primavera.
A concelleira Estefanía Ramos (Nós Pobra) explica que os traballos consisten na limpeza das rúas mediante o baldeo, desinfección e retirada de vexetación para eliminar así o verdello e a sucidade do inverno, preparando xa as calzadas do núcleo da vila para o bo tempo.