A unidade móbil para a doazón de sangue estará no 29 e 30 de abril na Pobra
A unidade móbil para a doazón de sangue volve á localidade neste mes de abril e estará na praza Alcalde Segundo Durán durante dúas xornadas: no venres 29, en horario de 16.00 a 21.00 horas, e no sábado 30, dende as 10.00 ata as 15.00 horas. Unha pequena acción que pode cambia-la vida de moitas persoas.
Cómpre lembrar que para doar sangue hai que almorzar e, despois de xantar, esperar dúas horas. Ademais, débese asistir coa tarxeta de doazón, DNI ou un documento similar. No caso de tomar algún medicamento, é preciso informa-la médica ou o médico.
É desexable solicitar unha cita para doar no teléfono gratuíto 900100828.