Interrupción na subministración eléctrica no 19 e 20 de abril
No día 19 efectuaranse traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, polo cal se poden producir interrupcións na subministración de electricidade nas seguintes zonas: A Chousa, O Conchido, O Freixo e A Ribeiriña. O horario previsto en que estes labores afecten será dende as 03.00 ata as 06.00 horas.
Estas tarefas terán continuidade no día 20, en horario de 00.00 a 03.00 horas, e os lugares que se poderían ver afectados son as rúas Alexandre Bóveda, A Atalaia, Castelao, Cinco Rúas, Curros Enríquez, Doutor Lamas e Andrés, Gasset, Igrexa, Nova, Pintora Maruja Mallo, Ponte, Rafael Dieste, San Roque e Unión, así como o Adro do Caramiñal e as prazas Irmáns Ageitos, Maura e Victoriano García Martí.