Interrupción na subministración eléctrica no 20 de abril
Lembramos que no día 20 terán continuidade os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, polo cal, dende as 00.00 ata as 03.00 horas, poden producirse interrupcións na subministración de electricidade e os lugares que se poderían ver afectados son as rúas Alexandre Bóveda, A Atalaia, Castelao, Cinco Rúas, Curros Enríquez, Doutor Lamas e Andrés, Gasset, A Igrexa, Nova, Pintora Maruja Mallo, A Ponte, Rafael Dieste, San Roque e Unión, así como o Adro do Caramiñal e as prazas Irmáns Ageitos, de Maura e Victoriano García Martí.
A maiores, informamos de que tamén se poden producir interrupcións en Caíños, en horario de 03.00 a 06.00 horas.