Documento de solicitude para a participación na compostaxe comunitaria
A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal instaura tres composteiros comunitarios situados na zona do Castelo (entre o edificio de usos náuticos e as pistas deportivas), do Caramiñal (a carón das pistas de Raquel Fernández Soler) e en Venecia (na contorna do paseo da Xunqueira).
Trátase dun modelo de compostaxe dirixido a persoas residentes en edificios e vivendas unifamiliares sen terreo.
As solicitudes de participación xa se poden presentar no rexistro, tanto físico coma telemático. O documento de solicitude é o seguinte.