A unidade móbil para a doazón de sangue estará no 29 de xullo na Pobra
A unidade móbil para a doazón de sangue estará no venres, 29 de xullo, na praza Alcalde Segundo Durán cun horario establecido de 16.00 a 21.00 horas. Unha pequena acción que pode cambia-la vida de moitas persoas.
Cómpre lembrar que para doar sangue hai que almorzar e, despois de xantar, esperar dúas horas. Ademais, débese asistir coa tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar. No caso de tomar algún medicamento, é preciso informa-la médica ou o médico.
Tamén se dispón do teléfono gratuíto 900100828 para solicitar autocita de xeito cómodo e seguro.