Sesión extraordinaria do Pleno da corporación de 13 de setembro de 2022
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 13 de setembro, a partir das 21.00 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
- Aprobación inicial do orzamento municipal para o exercicio 2022. Aprobado con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
- Aprobación provisional de crédito extraordinario 03/22. Aprobado con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
- Aprobación provisional de suplemento de crédito 01/22. Aprobado con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.