
Alumnado da primaria da Pobra asiste a programas formativos contra o bullying
A Concellaría da Educación da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), organiza unha serie de accións formativas contra o bullying dirixidas a alumnado dos CEP Pilar Maestú Sierra e Salustiano Rey Eiras. O programa consta de dúas sesións por grupo impartidas pola educadora social de Exeria.
Os puntos por abordar son a detección, prevención, resolución de conflitos, saúde mental, ciberbullying e intervención individualizada mediante unha metodoloxía dinámica e nun clima cómodo.
A mediados do mes de setembro iniciouse a primeira fase centrada nun test de detección para, no segundo trimestre do curso escolar, dar paso á segunda parte que se adapta ás necesidades detectadas.