A Pobra organiza obradoiros de conciliación para o Samaín
Cara ó festexo do Samaín, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), ofrece obradoiros de conciliación no 31 de outubro por se tratar dun día non lectivo no actual curso escolar.
Destinados a crianzas da infantil e da primaria, terán como epicentro o CEP Salustiano Rey Eiras, en horario de 09.00 a 14.00 horas.
O prezo é de 3 euros por nena/neno, pero aplicarase un desconto do 50% á segunda irmá ou irmán e será de balde para o/a terceiro/a.
Para lles dar maiores facilidades ás familias usuarias tamén se lles proporciona o Servizo de Madruga e a prestación de comedor.
A data límite de inscrición estipúlase no 28 de outubro; trámite que se deberá formalizar no Departamento da Igualdade do Concello, no enderezo electrónico igualdade@apobra.gal ou no teléfono de contacto 981832764, marcando a extensión 6.