A Pobra conmemora o aniversario da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala
A Pobra do Caramiñal acollerá no 19 de novembro, ás 11.30 horas, un acto para conmemora-lo aniversario da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala.
Organiza a Concellaría da Memoria Histórica, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG), en colaboración coa Vía Galega, para pór de manifesto os sinais de identidade do pobo galego.
Por esta razón, no paseo dos Areos, nas proximidades do IES, terá lugar o izamento da bandeira galega.