A actuación de Pakolas trasládase aos Xardíns de Valle-Inclán
As funcións adscritas á Pobra do Caramiñal no marco da undécima edición do festival internacional de narración oral Atlántica chegan ao seu fin neste 6 de xullo, a partir das 20.30 horas.
A actuación Rockeando con Ramona pequena, de Pakolas, que estaba prevista no Cantón da Leña trasládase para os Xardíns de Valle-Inclán por mor da instalación dos postos que integran a feira mariñeira da Semana do Mar.
Dentro do programa infantil e familiar, contarase e cantarase a historia dunha nena movida por constantes inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa. As persoas asistentes mergullaranse nunha aventura didáctica e rockeira na cal aprenderán que os soños poden facerse realidade.
Esta sesión de balde conta coa colaboración da Concellaría da Cultura, tamén ao abeiro da axenda local Verán Cultural 2023. Máis información na páxina web www.festivalatlantica.gal.