
DEFENSA PERSOAL FEMININA
A Sección de Deportes da Deputación da Coruña organiza o III Seminario Intensivo de Defensa Persoal Femenina e un dos concellos onde se van a realizar é o concello da Pobra do Caramiñal. Será o sábado 8 de marzo, de 10:00 h a 13:00 h, no pavillón da rúa Venecia.
Este seminario vai dirixido a mulleres de idades comprendidas entre os 12 e 70 anos.
A duración é de tres horas e son de balde.
A solicitude de participación presentarase a través do formulario de inscripción nos prazos sinalados. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición no formulario de inscrición da Deputación de Coruña.
Páxina de inscricións:
https://www.dacoruna.gal/…/seminario-intensivo-defensa…/
Para calquera dúbida chamar o teléfono do Servizo de Igualdade do Concello da Pobra do Caramiñal 981 83 27 64 ext. 5 e 6